O programa Fabrica Intelixente pretende mobilizar preto de 31,3 millóns de euros para potenciar a Industria 4.0
luns, 11 de febreiro do 2019
A ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e
Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), vén de publicar no
Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria
da terceira edición do programa Fábrica Intelixente, dotada con 12,7
millóns de euros e coa que se prevé mobilizar
preto de 31,3 millóns, para apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que
permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia.
Na convocatoria, que vai en liña co reto 2 da
Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e a Axenda
Industria 4.0, establécense dous prazos de presentación de solicitudes: un ata
o 8 de marzo e outro ata o 31 de xullo de 2019.
Os destinatarios destas axudas son grandes
empresas e PEME e organismos de investigación que conten con centro de traballo
permanente en Galicia. Recóllense dúas modalidades de participación: individual
ou en cooperación, aÃnda que os organismos de investigación só poderán
participar se colaboran cunha empresa. Financiaranse proxectos empresariais de
investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en materia
de organización e de procesos, con axudas de ata o 80% dependendo do tipo de
proxecto e de empresa.
Entre as principais novidades desta edición
destaca a redución do orzamento mÃnimo dos proxectos (de 4 a 2 millóns de
euros) para permitir unha maior participación das PEME. Ademais, auméntase o
prazo de execución (de 2 a 3 anualidades). Outros requisitos esixibles para
acceder á convocatoria son: ter un orzamento mÃnimo de 2 e máximo de 10 millóns
de euros; unha duración mÃnima de 3 anualidades e máxima ata o 30 de xuño de
2022; ser estratéxicos e ter un efecto incentivador; e facer un uso intensivo
das tecnoloxÃas facilitadoras esenciais.
O programa de Fábrica Intelixente complementa
outros apoios postos en marcha pola Xunta co obxectivo de mobilizar
investimento privado e dar resposta aos retos de futuro a través de alianzas
estratéxicas con empresas lÃderes como as Unidades Mixtas de Investigación ou a
Civil UAVs Initiative.
Na primeira edición desta convocatoria
aprobáronse proxectos liderados por PSA e Televés, mentres que a través da
segunda convocatoria apoiáronse as iniciativas lideradas por Finsa, Cupa e
Copo. En total, entre as tres convocatorias mobilizaranse máis de 213 millóns
de euros en proxectos innovadores que adaptarán as fábricas galegas á Industria
4.0, mellorando asà a súa competitividade.