O proxecto OLPC de Negroponte ten un competidor de peso: o Classmate PC de Intel
luns, 30 de outubro do 2006
O proxecto de Nicholas Negroponte para dotar ós nenos de paÃses en vÃas de desenvolvemento terá que facer fronte a iniciativas alternativas, que veñen de todo o mundo, e asÃ, mentres os chineses están a desenvolver solucións baseadas nos seus propios procesadores, xigantes coma Intel tamén traballan nun portátil que rivalice co XO de Negroponto: o Classmate PC.
Se ben, o equipo promovido dende o MIT custará inicialmente uns 150 dólares por unidade, a solución de Intel custarÃa entre 220 e 300 dólares, aÃnda que cunhas prestacións moito máis semellante ó dun ordenador portátil actual, e cunhas prestacións que parece máis axeitadas para dar os primeiros pasos no mundo da informática (cando menos nos paÃses cun desenvolvemento básico do sector).
Agora xa se comezan a ver imaxes reais do Classmate PC, que se comezará a fabrican en 2007 (coma o XO) e estará equipado cun procesador Celeron 915GMS, cunha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, 256 Mb de memoria RAM e un disco duro baseado nunha memoria flash de 1 Gb.
Ademais, incluirá coma sistema operativo o Windows XP, polo que asà Intel + Microsoft terÃan un produto económico e potente co que facer fronte ó sistema de AMD + Linux promovido por Negroponte.
As primeiras olladas ós prototipos do Classmate PC dan a entender que se asemellan moito a un Ultra Mobile PC (UMPC) e o seu tamaño reducido tamén o fan axeitado para o seu uso por nenos. Temos asà que a incógnita sobre o futuro do proxecto One Laptop Per Child (OLPC) estará na posible supremacÃa de alternativas cunha maior capacidade a un prezo semellante. De feito, o Classmate PC parece incluso un equipo aceptable para o uso escolar nos paÃses desenvolvidos, polo que estes novos proxectos parecen querer coidar a súa competitividade, no que poderÃa resultar moi beneficioso para os seus futuros usuarios.
