O proxecto TIC dun estudante da Universidade de Vigo impúxose no certame da EOI
xoves, 5 de xullo do 2012

- Ruben MÃguez presentando o seu proxecto Berce na Escola de Organizacion Industrial
A investigación galega foi obxecto os dÃas
pasados dun
importante recoñecemento, co valor engadido de que se trata dun
recoñecemento ás novas xeracións e ao seu espÃrito innovador. A distinción veu da
man do comité organizador e do xurado do Concurso Emprendedor Universitario
EOI, certame estatal que xurdiu en 2003 co obxectivo de salientar ideas de
mercado e vontade empresarial entre estudantes de toda España. Nesta edición
2012, a novena, o gañador foi Rubén MÃguez, enxeñeiro de Telecomunicacións da
Universidade de Vigo, responsable do proxecto Berce, unha iniciativa para
mellorar a comunicación e colaboración entre o fogar e a escola, con apoio
directo en Internet.
De feito, Internet é o único requirimento que
se esixe para facer uso desta proposta, que se basea en abrir as posibilidades
da educación a través das tecnoloxÃas. Rubén MÃguez, que recibiu con este
premio unha bolsa valorada en 18.000 euros para realizar un master en EOI (Escola de Organización
Industrial) e unha viaxe a Silicon Valley, impúxose na recta final do certame a
outros catro emprendedores novos dos centros universitarios de Valencia, Vigo,
Baleares e AndalucÃa. A edición 2012 deste concurso, contou coa participación
de máis de 200 universitarios, e nela
avaliáronse 120 proxectos.
No fallo do certame o comité de expertos ditaminou que Raúl Jiménez,
informático malagueño que se presentou ao Concurso por AndalucÃa Emprende
Fundación Pública Andaluza, obtiña o segundo premio, unha bolsa completa para
realizar un master en EOI. A súa
proposta foi GeoRemindMe, proxecto
que ofrece ferramentas tecnolóxicas que permiten compartir información xeolocalizada
e ás empresas realizar campañas de mercadotecnia máis efectivas.
