O sábado celebrarase a Raiola Marketing Conference na Coruña
mércores, 27 de setembro do 2023
Raiola Networks organiza
a sexta edición do seu
congreso anual Raiola Marketing Conference, encontro de márketing en liña
que congrega na Coruña a un total de 16 relatores o vindeiro sábado en PALEXCO,
para achegar explicacións prácticas, claras e detalladas sobre todas as áreas
do márketing dixital e compartir claves e ferramentas que aplicar no seu
traballo diario. Tamén se celebrarán relatorios de emprendemento.
O desenvolvemento
do Raiola Marketing Conference divídese en 12 intervencións de profesionais do
márketing dixital español, coa presenza destacada de Miguel Florido e Luís
Villanueva, que son referentes do sector, e do youtubeiro Lord Draugr, entre outros.
Ademais, o evento conta cunha mesa redonda de SEO que analizará as últimas
tendencias, estratexias e mellores prácticas para mellorar o posicionamento dun
sitio web en buscadores da Internet.