O salón CES de Las Vegas abre as súas portas este 8 xaneiro con representación galega
xoves, 4 de xaneiro do 2007

- Expositor de Google durante a pasada edición do CES
Xa está a piques de comezar o Consumer
Electronics Show (CES), a feira de electrónica de Las Vegas (Estados Unidos) e,
xunto coa CeBit de Alemaña unha das máis importantes de todo o mundo no que se
refire a poñer diante do gran público os desenvolvementos tecnolóxicos recentes
máis salientables a nivel mundial e abrir xanelas ó que se lles vén enriba.
Concretamente, o CES abre as súas portas este 8 de xaneiro, e será o paraÃso
dos tecnófilos (tipo de ser humano
que se recibe de agasallo de Nadal o iPod máis novo do mercado conta os minutos
ata poder empregalo en público) ata o dÃa 11, data de peche.
Este ano, como era de agardar, serán os diferentes xeitos de adaptar o dixital
ó lecer o que domine as diferentes áreas da mostra, onde por certo haberá boa
representación galega: a
de Blusens, por exemplo ou a de Enrique
Dans. Tamén se prevé moita actividade nos aparellos sen fÃos e máis nas
moitas posibilidades do vÃdeo, que está a vivir
hoxe unha curiosa revolución: do fogar (novo formato de estudo de gravación) ó
mundo. EstÃmase que a feira acolla este ano a 2.700 expositores.
Na cerimonia de apertura do domingo dÃa 7, entre outros moitos persoeiros do
sector, estará –un ano máis, xa que é tradición dende hai nove anos, e calquera
se atreve romper unha tradición como esta– Bill Gates, presidente e fundador de
Microsoft.
Tamén se calcula a chegada dun bo número de visitantes procedentes de tódolos
currunchos do mundo: non hai que esquecer que esta feira naceu con vocación de
ficar aberta ó público en xeral, estea ou non relacionado directamente cos
sectores representados.
A xuntanza inclúe este ano 200 relatorios a
cargo dalgúns dos máis senlleiros pesos pesados das novas tecnoloxÃas da
información.
AsÃ, contará coa presenza (entre outros) de Olli Pekka Kallasvuo (presidente de
Nokia) ou Ez Zander (presidente de Motorola). Por certo que nós, en caso de
estar eses dÃas por Las Vegas (probablemente non nos colla de paso) seguramente
acabarÃamos por decantarnos pola mesa onde vai falar o blogueiro galego Enrique Dans sobre o seguinte asunto: Influencer Roundtable.
Por certo que LG tamén aproveitará para
presentar o seu reprodutor dual de HD DVD e Blu-ray do que falamos noutra nova
desta mesma web. Todo un acerto, se pensamos que na dita feira de electrónica o
99% do público en xeral acudirá á xuntanza con esta pregunta na boca: que podo
facer co meu DVD agora que saen dous novos formatos con calidade de imaxe e son
maior e, en aparencia, pouco compatibles? LG estará alà para collelos por
debaixo do brazo e dedicarlles un sorriso.
