O salón SITI/asLan reunirá en Madrid a preto de 14.000 usuarios das tecnoloxÃas
xoves, 21 de febreiro do 2008
A semana que vén, do 26 ó 28, desenvólvese no Ifema de Madrid unha nova edición de SITI/asLan, a feira especializada en solucións tecnolóxicas que cada ano é quen de atraer a milleiros de visitantes, estando este ano prevista a concorrencia duns 14.000 procedentes de toda España, amais dos operadores, fabricantes e maioristas do sector. O salón, orientado sobre todo a profesionais e usuarios de novas ferramentas, xirará este ano arredor de cinco grandes temas: seguridade, tecnoloxÃas IP, banda ampla, mobilidade e servizos xestionados.
Por certo que a feira, que vai pola súa edición número 15, tamén vai encamiñada a poñer en contacto ás empresas que achegan solucións tecnolóxicas coas institucións públicas, no vieiro de contribuÃr (tanto unhas coma outras) á consecución dunha realidade máis ampla de cidadanÃa dixital. Ou sexa, que o que se busca é que o concepto de Administración Electrónica non fique só nunha mera exposición en liña de obxectivos por parte dos entes públicos. Segundo apunta a organización do salón, asistir a este encontro é unha excelente maneira de parar a máquina da evolución tecnolóxica (unha evolución ás veces pouco clara) e permitirnos esculcala polo miúdo.
Sinalar que o salón está organizado por @asLAN (a Asociación de Provedores de Sistemas de Rede e Telecomunicacións) e Clave.
