O subdirector de El Mundo fala este martes en Santiago sobre a saúde na era dixital

luns, 3 de marzo do 2008 Fernando Sarasketa

As ferramentas dixitais poden incrementar o alcance e a eficacia da medicina, non dende o punto de vista da medicina en si mesma, pero si á hora de establecer canles máis estreitos entre facultativos e doentes. Avaliar as moitas posibilidades desta maridaxe entre saúde e Sociedade da Información é o gran obxectivo do relatorio que organiza este martes 4 ás 19.00 horas a Fundación Rosaleda de Santiago.
O acto, que será inaugurado no Salón Auditorium do Hostal dos Reis Católicos polo presidente da dita entidade, Xerardo Fernández Albor, contará coa presenza de José Luis de la Serna (na imaxe), subdirector de El Mundo e responsable da súa Área de Saúde.
Compre lembrar que este departamento abrangue o suplemento Saúde e Medicina que se publica cada semana dende 1992 amais da web elmundo.salud.com, un espazo en liña que ten unha media de 1.350.000 usuarios únicos ó mes.
A intervención do convidado, que falará sobre información vinculada á medicina na era da comunicación dixital, dará paso a un debate.

PUBLICIDADE