O vindeiro día 29 presentarase o novo Samsung Galaxy Note

venres, 3 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Onte distintos medios de comunicación comezaron a recibir invitacións para asistir a un novo evento de Samsung Mobile co nome de Unpacked datado para o 29 de agosto, ou sexa, enmarcado na feira IFA de Berlín (evento que comezará oficialmente 2 días despois), e que segundo a axencia Reuters trataríase da presentación dun novo Galaxy Note, smartphone que asumiu o risco de chegar ao mercado cun tamaño bastante esaxerado que finalmente gozou dunha magnífica aceptación do público, polo que agora coméntase que o novo terminal móbil podería ter unha pantalla aínda maior, chegando ás 5,5 polgadas.
O novo Samsung Galaxy Note podería contar cunha pantalla AMOLED de alta resolución e un procesador Exynos de 4 núcleos (como o do Samsung Galaxy S III). Tamén é posible que o móbil conte cunha cámara de 12 Mpíxeles e o sistema operativo Android 4.1.