O vindeiro martes abrirase a inscrición para a vindeira edición de Xuventude Galicia Net
xoves, 17 de agosto do 2017
O encontro informático Xuventude Galicia Net prepara unha
nova edición en Silleda, nas instalacións da Feira Internacional de Galicia, destacando
esta XVII edición por adoptar o nome de XGN R Encounter para indicar claramente
o patrocinio oficial do operador R, que colaborará tamén a nivel técnico e de
contidos.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de
Galicia informan de que o
encontro que terá lugar entre os dÃas 8 e 10 de setembro abrirá a súa
inscrición o vindeiro 22 de agosto ás 10:00 horas a través da súa páxina web oficial,
tendo que aboar 30 euros os interesados en participar. Como novidade, durante o
procedemento de inscrición poderanse elixir os postos a ocupar durante o
encontro, o que facilitará que os participantes que acudan en grupo poidan situarse
na mesma zona do recinto no que habilitarán 1.044 postos.
Outra novidade da vindeira edición de Xuventude Galicia Net é que o evento
contará cunha aplicación móbil de seu.
Máis velocidade de conexión
A XGN R Encounter manterá en 2017 a súa formulación, se ben
se reforzarán as súas prestacións ao multiplicar por cinco a velocidade de
conexión grazas a R (contará con 10 Gbps simétricos de fibra óptica, ademais de
1 Gbps de respaldo). Tamén se potenciará o seu programa de torneos e
actividades.
Estas melloras forman parte dun proxecto conxunto que
pretende que a XGN R Encounter medre ata converterse en tres ou catro anos
nunha das LAN partys máis importantes de España, ao tempo que significa
fraternizar e contar a nivel técnico e de contidos coa bagaxe da party Euskal
Encounter, organizada por Euskaltel en Bilbao e que acaba de celebrar a súa
edición número 25. Ademais, supón a vinculación da party coa rede de Encounters
da que tamén forman parte a Gipuzkoa Encounter, que suma 11 citas, e a Araba
Encounter, que este ano celebrará a súa cuarta edición.
A XGN R Encounter contará cunha zona Intranet orientada aos
inscritos, os cales poderán desfrutar dun posto con dereito a acampar no
interior do pavillón e tamén a participar en numerosas actividades e torneos
exclusivos. Unirase de novo a ela a Extranet, unha área que acollerá un
completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os
inscritos como os visitantes que acudan ao recinto. Ademais, volverá a incluÃr
un espazo expositivo complementario con presenza de empresas relacionadas co
material informático e o ocio electrónico, entre outros.
AÃnda que o evento comezará oficialmente o dÃa 8, abrirá as
súas portas de forma non oficial o 7 de setembro ás 16.00h, co obxectivo de
facilitar o acceso dos inscritos e permitir que aqueles que o desexen comecen a
instalar os seus postos e útiles para durmir. Será unha xornada de probas
técnicas e montaxe.
