Office 365 Planner facilitará a organización do traballo en equipo

luns, 6 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Microsoft quere axudar a empresas, organizacións e escolas a “organizar o seu traballo en equipo dun xeito completamente distinto e produtivo” polo que anuncian que nas vindeira semanas achegarán aos subscritores de Office 365 (nas versións orientadas ao traballo en grupo) unha nova aplicación, Planner, que permitirá crear novos proxectos, organizarse, asignar tarefas e colaborar entre si, avisar sobre avances no traballo e compartir arquivos.
Office 365 Planner é unha solución doada de utilizar, que permite organizar visualmente o traballo (organizando as tarefas en depósitos), con grande transparencia e visibilidade (para que cada membro do equipo poida coñecer sempre as súas tarefas e no que están a traballar os seus compañeiros), facilita conversar sobre tarefas sen ter que cambiar de aplicación, poderá enviar notificacións ao noso correo electrónico e tamén contará con versión para dispositivos móbiles, facilitando así un seguimento constante dos proxectos.

Vídeo de presentación de Office 365 Planner