Os Dell XPS incorporan discos duros de 320 Gb a 7.200 rpm

luns, 19 de maio do 2008 Marcus Fernández

Varios fabricantes anunciaron o inminente lanzamento de discos duros de 320 Gb a 7.200 rpm para ordenadores portátiles, pero o primeiro en introducilos realmente no mercado é Seagate da man de Dell, de xeito que xa se poden adquirir portátiles Dell XPS cos novos discos duros Momentus 7200.3, que teñen unha capacidade de entre 80 a 320 Gb.
Estes discos SATA de 2,5 polgadas permiten transferencias de ata 3 Gbps, contan cunha caché de 16 Mb e inclúen protección G-Force para evitar danos nos datos producidos por caídas. Permiten así ter unha capacidade e unha velocidade máis típicas de equipos de escritorio dentro dun ordenador portátil.