Os Premios 20 Blogs celebran a súa segunda edición
venres, 11 de maio do 2007
Este xoves celebrouse a grande festa dos blogs españois, o acto de entrega dos Premios 20 Blogs, que galardoou en 20 categorÃas ós mellores cadernos da Internet española. O evento contou cunha grande afluencia de asistentes (blogueiros a meirande parte dos mesmos) entre os que estaban boa parte dos 60 finalistas ós premios que tiñan que agardar ata o último momento para saber se Ãan recibir unha das coñecidas figuras que se entregan por segundo ano.
Estes premios organizados polo xornal gratuÃto 20 Minutos conta con moita aceptación, presentándose máis de 2.400 blogs, polo que o propio director da cabeceira, Arsenio Escolar, afirmou que o certame terá continuidade no tempo.
Para os galegos, hai unha categorÃa que tiña especial interese nesta edición, pois tamén premian ó mellor blog en galego, catalán ou vasco, e entre os 3 finalistas estaban 2 galegos: 7 minutos antes de la medianoche e Cinema Friki. Desafortunadamente foi o catalá Bloc de Marc Vidal o que recibiu o premio este ano.
A categorÃa absoluta, a do Mellor Blog, foi a parar ó taxista Daniel DÃaz por Nilibreniocupado, de xeito que se fixo co codiciado cheque xigante de 3.000 euros que lle
entregaron na cerimonia que tivo lugar na madrileña sala Négone.
A listaxe completa de premiados é a seguinte:
- Actualidade: Malaprensa
- Ciencia e Medioambiente: Fogonazos
- Cine: Antiegos
- Cidade 20minutos: Nilibreniocupado
- Cultura e tendencias: ByTheWay.tv
- Deportes: El Tikitaka
- Erótico: Ellos no existen
- Expatriado (escrito dende fóra de casa): Chinochano
- Ficción: La decadencia del ingenio
- Fotoblog: Enfoque Diferencial
- Humor: Pezones Blancos
- Xogos: Videojuegos y consolas
- Latinoamericano: JorgeLetralia
- Mellor deseño: Nada importa
- Música: Maneras de vivir
- Outras linguas constitucionais: Bloc de Marc Vidal
- Persoal: El Teleoperador
- Podcast: Comunicando
- TecnoloxÃa: Blogoff
- Videoblog: FrikiTV
- Premio votado polos blogueiros: Otro Tiempo Blog
- Mellor blog 2006: Nilibreniocupado

