Os Premios Mestre Mateo contarán este ano cun 55% máis de empresas a concurso
venres, 5 de xaneiro do 2007
Xa
sabemos as cifras de produtoras e traballos que optarán este ano ós Premios
Mestre Mateo: 63 das primeiras e 125 dos segundos. Isto, segunda apunta a
Academia Galega do Audiovisual (organizadora) significa que nesta convocatoria
participa un 55% máis de empresas con respecto ó ano pasado, e sen contar aÃnda
as producións que se agardan recibir nas vindeiras semanas por correo postal.
Polo momento, foron contabilizadas 63 firmas, aÃnda que cómpre sinalar que
algunha delas acode con varios produtos (que en total ascenden a 125). En canto
se reciban tódalas propostas, unha comisión integrada por profesionais da
Academia encargarase de comprobar se os traballos presentados cumpren cos
requisitos esixidos.
Segundo sinala a institución nun
comunicado, unha vez elaborada a listaxe de candidaturas, comezará o
proceso de votación por parte dos socios, que culminará coa Gala dos
Premios Mestre Mateo 06 que se celebrará na vindeira primavera, e que
arroxará os resultados das votacións en cada unha das 25 categorÃas en que
se distribúen estes premios.