Os axentes TIC das aulas CeMIT recibirán formación sobre as ofertas comerciais de acceso á Internet
luns, 24 de setembro do 2018
A AMTEGA e a Asociación de Enxeñeiros de
Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan
no mes de outubro as xornadas formativas Non
tolees coa Wifi, que se levarán a cabo presencialmente nas aulas CeMIT
de MarÃn, Oroso, Celanova e Sarria e poderanse seguir a través de
videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia.
As xornadas están dirixidas aos axentes TIC
das aulas CeMIT, co obxecto de que posteriormente podan eles crear os seus
propios cursos na materia, e a todo o persoal municipal e cidadáns interesados.
Explicaranse conceptos tales como as tecnoloxÃas de acceso á Internet
dispoñibles no mercado, as conexións precisas para os distintos usos da Internet,
as redes e operadores presentes en Galicia, as canles dispoñibles para
reclamacións e os organismos competentes neste ámbito e normativa existente.
As persoas interesadas poderán asistir a
calquera dos catro cursos dispoñibles que terán unha duración aproximada de
dúas horas. Para achegar a formación ao maior número de destinatarios posibles,
organÃzase unha xornada en cada provincia facilitando a asistencia ben
presencial ou por videoconferencia nas seguintes aulas:
- Xornada 1 de outubro de 12:00 a 14:00
horas: presencialmente na
aula de MarÃn e por videoconferencia en Ribadeo, Padrón, Carballedo e San
Sadurniño
- Xornada 4 de outubro de 12:00 a 14:00
horas: presencialmente na
aula de Oroso e por videoconferencia en Leiro, Valga e Cerceda
- Xornada 9 de outubro de 17:00 a 19:00
horas: presencialmente na
aula de Celanova e por videoconferencia en Ortigueira e Guitiriz
- Xornada 10 de outubro de 17:00 a 19:00
horas: presencialmente na
aula de Sarria e por videoconferencia en O Vicedo
Estas xornadas nacen como unha iniciativa da
Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio firmado coa AMTEGA.
Ademais, trala xornada, a Oficina porá a disposición dos asistentes a
documentación presentada.
