Os centros educativos da Coruña recibirán formación en consumo responsábel das tecnoloxías
luns, 28 de agosto do 2023
A
Coruña impulsou nesta recta final do verán un obradoiro sobre uso
racional e seguro das novas ferramentas, ao abeiro do seu Programa de
Educación para o Consumo. A
iniciativa formativa e divulgativa Consumo Responsábel das
Tecnoloxías, edición 2023-2024 levarase a cabo durante este
curso nos centros educativos da Coruña, dirixido ao seu alumnado
(estudantes de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE de todos os centros
educativos da Coruña). Consta dos seguintes bloques: redes sociais,
comercio electrónico, seguridade na Internet e dispositivos móbiles.
O
obradoiro vén da man do equipo docente especializado da Oficina
Municipal de Información ás persoas consumidoras (OMIC) e forma
parte dos obradoiros prácticos de A Coruña Educa. Terá, seguindo a
metodoloxías das restantes actividades da OMIC, formato de
“actividade dinámica, estimulante e formativa”, segundo informou
a oficina, engadindo que co obxectivo de implicar a toda a comunidade
educativa no subministro de contidos, haberá charlas para o equipo
docente e familias.
Cada obradoiro ten
unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario
lectivo en cada un dos centros. Desenvolveranse entre o 11 de
setembro e o 21 de xuño do ano vindeiro.