Cee xa supera os 5.500 fogares e empresas con fibra óptica de R
venres, 10 de maio do 2024
O concello coruñés de Cee xa dispón de cobertura da fibra óptica ata o fogar (FTTH) subministrada pola operadora galega R (en colaboración con Rede Aberta) en máis de 5.500 fogares e empresas. No seu balance, a empresa de telecomunicacións lembra que a cifra de inmóbeis conectados á rede de R incrementouse recentemente en Cee (e en máis dun cento de municipios do territorio) grazas ao acordo do operador co grosista tamén galego de fibra óptica Rede Aberta.
Froito desta alianza máis 2.000 fogares e empresas dos núcleos de Cee, Lamas-Igrexa, Codesos e Morancelle sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas zonas tamén disporá de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 1 GB simétrico (subida e baixada), dunha cobertura óptima nos fogares (ao chegar a fibra ata as súas vivendas) e dunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. “Todo iso”, sinala R, “unido aos servizos de Wi-Fi 6 e tele con deco Android 4K sen custo adicional”.
Trátase, explica R, “da última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, vídeo-chamadas, streaming, gaming, etc; configurando un sistema que habilita eses accesos megarrápidos con catro veces máis capacidade de descarga do que a tecnoloxía actual e ata oito veces máis capacidade de subida”.
O acordo de R con Rede Aberta permitirá cubrir aproximadamente 70.000 novos fogares e empresas que se conectan agora á infraestrutura da operadora galega e levar a alta velocidade coa fibra máis rápida a recunchos de Galicia en núcleos rurais dun cento longo de municipios do territorio. A intención, sinalan, é “ampliar ao máximo a cobertura de banda larga en todos os recantos da comunidade galega”.
Internet Rural de R
Nas zonas de Cee onde, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chega a fibra óptica, R achega a opción de Internet Rural con 5G (mambo Axiña), que lles permite a fogares e empresas destes lugares de difícil acceso dispor de alta velocidade de ata 600 Mbps con 5G e Wi-Fi 6. A operadora galega explica que a súa tecnoloxía 5G de Internet Rural apóiase, por unha banda, nun router que permite conseguir esas velocidades e, por outra, no sistema Wi-Fi 6 para facilitar, por exemplo, unha experiencia multidispositivo excelente conectando á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra, sendo a latencia o tempo que tarda en cargar unha páxina, en enviarse un correo electrónico ou en executarse unha acción nun videoxogo online.
Internet rural 5G sen límites
R lembra tamén que o servizo Internet Rural fai da operadora galega, dende 2022, a primeira que dota dunha solución 5G converxente fixo e móbil a clientes/as sen fibra en Galicia. O obxectivo é “levar esta proposta á maior parte de inmóbeis espallados por zonas da comunidade de orografía complicada”. Na actualidade o 90% da poboación galega dispón de cobertura 5G de R e está preparada para facer uso desta tecnoloxía avanzada de quinta xeración. Un total de 224 concellos galegos, incluído Cee, dispoñen xa da solución Internet Rural de R, que lles permite aos seus habitantes navegar a altas velocidades como o poden facer en 1,7 millóns de fogares cubertos por R coa súa fibra óptica FTTH de última xeración en Galicia.
Resumindo, R explica que leva “25 anos despregando fibra, rúa a rúa, no territorio galego, para dotalo das mellores infraestruturas de telecomunicacións e situalo á vangarda europea e internacional, en condicións de competir coas rexións máis avanzadas do mundo a calquera nivel”.
Fibra óptica ou Internet Rural 5G de R, “opcións idóneas ante o remate do ADSL”
Por último, tanto a opción da fibra óptica FTTH de R como a súa solución de Internet Rural (se a fibra non chega á zona) son tamén alternativa para quen teñan en Cee unha conexión a Internet a través de par de cobre, porque o tradicional ADSL xa deixou de funcionar ou de comercializarse en Galicia. Neste senso R lembra que “de feito, a maior parte dos/as antigos/as usuarios/as con ADSL na comunidade galega viven no rural, xa que a dispersión xeográfica e a orografía favoreceron no seu momento a despregadura do par de cobre para chegar a moitos lugares investindo menos”. Con todo, o ADSL ficou obsoleto, porque ofrece menos largura de banda e sofre máis con meteoroloxía adversa.