Os contidos de Sky TV xa están accesibles dende a Xbox 360 no Reino Unido
mércores, 28 de outubro do 2009

- Os contidos de Sky poden verse baixo demanda a través da Xbox 360
As plataformas de
visualización de televisión cada dÃa son máis amplas, e tras a TDT, o satélite
ou o cable, van xurdindo outras opcións alternativas como a Internet e, máis
recentemente, as consolas de videoxogos, o que no Reino Unido concrétase de
xeito destacable na Xbox 360 e a posibilidade de acceder dende a mesma á
programación de Sky TV.
Dende
esta semana os usuarios Gold de Xbox LIVE que teñan a súa Xbox 360
conectada á Rede a unha velocidade de coma mÃnimo 2 Mbps poden acceder á programación de Sky
TV dende a súa consola, aÃnda que o servizo é de pago (a subscrición
ao paquete básico é de 15 libras esterlinas, ás que haberÃa que engadir 19
libras no caso de querer a programación deportiva ou 17 libras para incorporar canles de cine).
O novo servizo permite a visualización dos programas de Sky TV en directo, pero
a cousa non queda aÃ, sendo tamén posible acceder a centos de contidos baixo
demanda (pelÃculas, eventos deportivos, programas de éxito e documentais) e
incluso poden aproveitarse as posibilidades da Xbox 360 para chatear cos amigos
durante o seguimento de pelÃculas e retransmisións deportivas.
Haberá que ver cal é a resposta desta nova plataforma, que poderÃa exportarse a
outros paÃses no futuro, de xeito que a televisión a través da Internet pode
deixar de entenderse coma un produto relacionado co ordenador, converténdose só
nun medio de difusión dos contidos.
