Os enxeñeiros de telecomunicacións galegos premiarán con 6.000 euros á mellor iniciativa empresarial TIC
martes, 17 de outubro do 2006
Recoñecer o labor das empresas galegas (ou vencelladas a Galiza) do sector tecnolóxico a prol da innovación, a competitividade e, tamén, da divulgación e a formación relacionada coas novas canles e ferramentas do coñecemento. Esa é unha das principais razóns de ser do Premio Gerardo GarcÃa Campos 2006 que convoca a Asociación e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG-COETG) e que chega a gora á súa cuarta edición, estando prevista a súa entrega no marco da undécima Noite Galega das Telecomunicacións, o vindeiro 17 de novembro no Gran Hotel da Toxa.
Máis polo miúdo, o que devandito colectivo de enxeñeiros galego quere con este premio é achegar o máximo pulo a proxectos empresariais emerxentes que sexan salientables nos seguintes eidos: introdución das TIC en sectores nos que fornezan valor en procesos tradicionais; desenvolvemento de produtos aplicables en mercados amplos; orientación á exportación; creación de emprego tecnolóxico; actividade en I+D+I; aumento do espectro de valor no sector das TIC (contidos) e desenvolvemento de produtos de interese social.
Poderán concorrer ao premio, que ten unha dotación económica de 6.000 euros, tódalas pequenas e medianas empresas (pemes) privadas españolas relacionadas co sector das TIC que leven constituÃdas menos de cinco anos na data da convocatoria.
Por ser a Fundación Enxeñeiro Gerardo GarcÃa Campos de interese galego e contar co protectorado da ConsellerÃa de Industria da Xunta de Galicia, os proxectos que se presenten deberán estar vencellados á nosa terra, tendo que cumprir –polo menos- algún dos seguintes requisitos: que os socios fundadores sexan galegos; que a sede social estea en Galicia ou que o proxecto empresarial repercuta de maneira directa en beneficio da nosa comunidade. Para máis información, cómpre poñerse en contacto coa organización a través destes enderezos: administracion.coetg@coit.es ou aetg@aetg.org.
