Os fallos da PSN incrementan o número de usuarios que mudan a PS3 pola Xbox 360
xoves, 12 de maio do 2011
A confianza e paciencia
dos xogadores parece ter un lÃmite, e segundo a publicación británica EDGE,
poderÃa terse superado, pois o feito de que a PlayStation Network leve máis de
3 semanas fóra de servizo poderÃa
estar a levar a moitos usuarios da PlayStation 3 a mudar a súa consola pola
Xbox 360.
Dende as tendas británicas aseguran que a primeira semana de caÃda da PSN non
se notou ningún cambio de tendencia, pero á segunda semana xa se incrementou
máis do 200% o número de consolas PlayStation 3 vendidas polos consumidores, o
que na metade dos casos rematou coa compra dunha Xbox 360. Nalgúns establecementos
falan dun «incremento masivo» de
usuarios que venden a PS3 para facerse coa consola de Microsoft, ou sexa, que
estes usuarios non vende a súa consola por necesitar cartos, senón para poder
seguir xogando en liña.
Nas vendas de videoxogos no Reino Unido tamén se está a notar o cambio de
tendencia, de xeito que tÃtulos como Call
of Duty: Black Ops só venden agora o 24% das unidades para PS3 (66% a
versión de Xbox 360), cando noutros momentos a PlayStation 3 era a plataforma
que vendÃa máis copias. Tamén pasa algo semellante co FIFA 11 (que actualmente só vende o 21% das unidades para PS3) e outros
tÃtulos con modo de xogo en liña.
Tamén detectouse un cambio de percepción por parte do público, que protesta
polos problemas da PlayStation Network e deixou de queixarse polo feito de que xogar
en liña a través de Xbox LIVE fose de
pagamento.
Algúns establecementos son moi conscientes das repercusións da imposibilidade
de xogar en liña coa PS3, e en
Alemaña a cadea GameStop ten unha agresiva promoción a través da que
cambian as consolas PS3 Slim por unha Xbox 360 con 250 Gb de disco duro, 800
puntos e 3 meses de Xbox LIVE Gold, motivo que pode levar a moitos a dar un
salto que noutras circunstancias parecerÃa imposible.
