Os móbiles de Samsung teñen unha nova aplicación para configurar o son

martes, 30 de maio do 2017 Marcus Fernández

Para os posuidores de smartphones de Samsung xorde unha nova aplicación oficial, o SoundAssistant ou Asistente de sonido, que pode descargarse de balde de Google Play e que supón unha importante mellora para o control do son do teléfono, permitindo automatizar configuracións e ter un control máis preciso sobre a configuración da reprodución de audio.
A aplicación activar funcións moi prácticas como forzar que os botóns de volume do teléfono funcionen de xeito predeterminado para axustar o volume multimedia (en vez do volume dos tons de chamada), pasar a escoitar o audio en mono (para que cando se empregue só un auricular non se perdan sons) e incluso presentar en pantalla durante uns segundos un botón flotante que sirva de atallo para chegar a este novo asistente.
Pero posiblemente a funcionalidade que máis agradecerán os usuarios é a posibilidade de programar Escenarios, de xeito que pode personalizarse o son do teléfono para distintos momentos, de xeito que se introducimos os nosos horarios habituais o teléfono comportarse de distinto xeito cando esteamos no traballo ou cando esteamos na casa.
Cómpre salientar que para os posuidores dun Galaxy S8 tamén poden configurar a saída de audio de cada aplicación (por exemplo, que unha aplicación musical emita por Bluetooth e un xogo saque o con polo altofalante do teléfono).

PUBLICIDADE