Os ordenadores e videoxogos gañan popularidade entre as nenas

xoves, 25 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O NDP Group elaborou un informe baixo o título Girl Power: Understanding This Important Consumer Segment para arroxar luz sobre a importancia do público feminino infantil e xuvenil en distintos ámbitos de consumo.
No informe confírmase que as cativas de entre 9 e 12 anos continúan a facer uso de xoguetes tradicionais, pero este grupo de idade está a migrar a os ordenadores e videoxogos (especialmente aos mundos virtuais en rede) para poder socializar dende os seus fogares. Curiosamente no grupo de idade de entre 13 e 14 anos os videoxogos perden algo de forza e predominan actividades como escoitar música en reprodutores portátiles e comunicarse a través do móbil.
Habitualmente se consideraba que a emerxencia dos videoxogos entre o público feminino se podía atribuír aos xogos para público ocasional e ao fenómeno das consolas de Nintendo (a Wii e a DS) pero o uso destas ferramentas para relacionarse entre rapazas podería ter máis peso na ecuación do que se pensaba.