Os ordenadores novos incluirán cupóns para actualizarse a Windows Vista cando estea dispoñible

xoves, 26 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os usuarios particulares non poderán mercar o novo sistema operativo de Microsoft, o Windows Vista, ata o mes de xaneiro, polo que non chegaría a tempo para a campaña de Nadal, o que levou á compañía de Redmond a iniciar un programa de cupóns para os compradores de ordenadores de xeito que poderán actualizarse a Vista cando saia tal sistema operativo que sucederá ó Windows XP.
Esta medida pretende evitar unha caída nas vendas de equipos durante os vindeiros meses, de xeito que os consumidores non se verían animados a agardar ó lanzamento de Vista para renovar os seus equipos.
O programa de actualizacións iníciase nestes días e será de balde na meirande parte dos casos (no resto, achegaría un desconto na actualización do sistema), e as actualizacións recibiríanse en DVD en canto Windows Vista estea dispoñible.
Este programa continuará vixente ata o 15 de marzo, e pretende impulsar o cambio de sistema operativo, que é resultará substancial, xa que Windows XP xa cumpriu 5 anos e parecía necesaria a súa renovación.