Os premios ao xornalismo da innovación entréganse este martes no café Cienfuegos da Coruña
venres, 12 de decembro do 2008

- Sonia, a falante artificial do artigo de Manuel Vila
A sétima edición do Premio de Xornalismo Galicia Innovación ten un compoñente máis innovador ca nunca, sobre todo nunha vertente ben concreta: a de albiscar o que nos espera o dÃa de mañá en materia de comunicación e investigación ao servizo das enerxÃas limpas e mellor calidade de vida. A nova convocatoria do certame, organizado unha vez máis pola ConsellerÃa de Innovación a través da Dirección Xeral de I+D, chega este martes 16 de decembro a un punto culminante: a entrega de galardóns propiamente dita. A cita, que se desenvolverá na CafeterÃa Cienfuegos da Coruña (na praza de Ourense) a partir das 19.00 horas, servirá entre outras cousas para dar a coñecer os nomes e os traballos recoñecidos e para afondar no que serÃa a súa achega dupla: unha contribución á comunicación cientÃfica en si mesma e, tamén, á propia innovación galega. Por certo que a ConsellerÃa de Innovación xa avanzou estes dÃas en que consiste cada un dos traballos e a peza do engranaxe comunicativo-investigador que subministran:
· Primeiro premio. Pilar Mera Rico, polo seu traballo As bacterias non puideron co Prestige, publicado en La Opinión.
· Segundo premio. Para o grupo composto por Manuel Vicente GarcÃa, Marta Vila Taboada e César MartÃnez Pérez, polo seu traballo Nanotubos, emitido polo programa da Radio Galega Efervescencia.
Asemade, o certame reserva unha mención especial para as investigacións de Manuel Vilas López (O futuro da televisión dende Conxo publicado por Tempos Novos e Nace a primeira falante artificial de galego, publicado por A Nosa Terra).
Segundo informa a ConsellerÃa de Innovación, tralo acto de entrega propiamente dito haberá marxe para seguir abrindo camiño nunha colaboración que é positiva coma poucas para os seus colaboradores: a maridaxe comunicación e ciencia. Máis polo miúdo, está previsto no programa tirar partido dun novo tipo de ligazón no que Galiza estase a situar en vangarda: a que une a ciencia coa teatro. Esta experiencia, a do cabaré cientÃfico, será a que peche precisamente o acto de entrega de premios.
Na representación da obra (A vida na terra: unha historia de evolución, bacterias e sexo) participarán os doutores LuÃs Sampedro, do Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán (Pontevedra), e Alberto Velando, da Universidade de Vigo, e o actor Vicente de Souza. A peza teatral, que aborda conceptos da evolución e fitos importantes da historia da vida na terra a interrelación entre todos os organismos e o medio no que vivimos, insÃrese na achega da serie de cafés-teatro-cientÃficos que organiza o Grupo Neurocom da Universidade da Coruña.
Para máis información sobre o acto mesmo de entrega de premios e a obra posterior cómpre pórse en contacto coa ConsellerÃa de Innovación a través do correo electrónico actos@plan-incite.eu.
