Os tablets comezan a eclipsar aos ordenadores ultraportátiles
martes, 25 de outubro do 2011
Un informe elaborado por ABI Research destaca o
feito de que os
tablets comezaron a eclipsar aos ultraportátiles no segundo trimestre do ano,
e mentres que no primeiro trimestre de 2011 os fabricantes colocaron no mercado
8,4 millóns de netbooks superando os 6,4 millóns de tablets, no segundo
trimestre mudaron as tornas e os netbooks caeron aos 7,3 millóns de unidades
enviadas, mentres que os tablets dispararon a súa produción ata os 13,6 millóns
de unidades.
Dende ABI Research consideran que esta tendencia non vai reverterse, e que a
demanda de dispositivos tipo tablet vai manterse por considerar que pertencen a
distintos segmentos, e non compiten polos mesmos usos (chegando os tablets a un
público maior).
O feito de que os tablets carezan de rato e teclado transmite a sensación de
que son dispositivos máis doados de utilizar, rachando unha barreira que
incluso atrae a consumidores de certa idade (que consideran que os ordenadores
son demasiado complicados), aÃnda que aÃnda se mantén un argumento en favor dos
netbooks: o seu prezo (é doado atopar un ultraportátil á metade de prezo dun
iPad).
EstÃmase que 2011 vai rematar cunha produción de 32 millóns de ultraportátiles
e 60 millóns de tablets, o que debuxa un panorama difÃcil de imaxinar hai un
par de anos, cando os netbooks eran un produto de moda, que parece que vai atopando o seu sitio (pois o público
entendeu que non son ordenadores baratos, senón equipos pensados para o seu uso
en mobilidade).
