Os tablets con Windows RT poderÃan custar menos de 300 dólares
venres, 17 de agosto do 2012

- Microsoft poderÃa entrar no sector dos tablets cun prezo moi agresivo para conseguir unha boa cota de mercado
AÃnda
que ata finais de outubro non chegará oficialmente o sistema operativo Windows
8, acompañado por varios tablets entre os que destacarÃa o Surface de
Microsoft, parece que esta revolución do sector está a provocar toda unha
crise, de xeito que a intención da compañÃa de Redmond de utilizar un hardware
de seu como catalizador para o resto do sector está a ser todo un acerto, se
atendemos aos moitos rumores que están a circular nos últimos dÃas.
Por unha banda temos a posibilidades de que o Surface baseado en Windows RT
puidese ter un prezo de saÃda moi agresivo que fixese que o público que desexe
un tablet xa non tivese en consideración as alternativas con Android ou iOS,
pero fabricantes
como Acer están a presionar para que Microsoft non teña a ousadÃa de lanzar o
Surface por 199 dólares, e sitúen o prezo nuns 499 dólares para non
prexudicar ás vendas de tablets dos seus socios,
aÃnda que a súa reivindicación inicial era que Microsoft desbotase a idea de
comercializar o seu propio tablet. De feito, Asus, Lenovo, Samsung e Dell xa
amosaron as súas intencións de non comercializar tablets con Windows RT no caso
de que non sexan capaces de competir co prezo do dispositivo de Microsoft, o
que non
parece importar á compañÃa norteamericana, que ten a intención de facerse co
30% da cota de mercado dos tablets con Windows (¿seguindo os pasos de
Apple?).

- Lenovo poderÃa estar a traballar nun tablet convertible con Windows RT
Pero a posibilidade de que os tablets con Windows RT sexan económicos non
parece tan desatinado pois lembremos que xa están a chegar ao
mercado tablets baseados en procesadores Atom (ou sexa, que corren Windows 8)
por pouco máis de 300 euros, e precisamente por iso dende Lenovo aseguran
que para poder competir cos tablets con Windows 8, os
dispositivos con Windows RT poderÃan ter un prezo de entre 200 e 300 dólares.
Por outra banda, os tablets con Windows 8 poderÃan custar entre 600 e 700
dólares, o que é bastante menos de que moitos estimaban inicialmente, de xeito
que nas vindeiras semanas é de agardar un baile de cifras entre os distintos
fabricantes.
En vista deste panorama non resulta sorprendente que algúns fabricantes non
teñan pensado entrar na competición dos tablets económicos con Windows RT e
dirixan os seus esforzos a crear grandes equipos de cara ao lanzamento de
Windows 8, tanto en formato tablet como tipo Ultrabook, estando a ter este
último tipo de equipos unha recepción bastante boa, converténdose na
configuración de ordenador portátil que parece destinada a manterse no mercado,
mentres que os ultraportátiles de baixo custo que tanto se venderon nos últimos
anos parecen destinados á extinción.

- Os tablet Surface de Microsoft están a revolucionar o sector incluso antes de anunciarse o seu prezo
