Os televisores 3D aÃnda non convencen aos consumidores
mércores, 15 de setembro do 2010
A febre polas 3D neste último ano grazas principalmente pola súa
xeneralización nas salas cinematográficas de todo o mundo levou a un importante
número de consumidores a adoptar esta tecnoloxÃa no seu ámbito doméstico,
experiencia que decidiron analizar nun novo informe elaborado por
The Nielsen Company en colaboración coa Cable & Telecommunications
Association for Marketing, deixando clara a actitude xeneralizada do público:
agardar para ver cara onde vai esta tecnoloxÃa.
Como atrancos
para a adopción doméstica das 3D están o alto prezo dos televisores (o que
manifestaron o 68% dos consultados), a necesidade de ter que utilizar lentes
para a visualización estereoscópica (57%) e a reducida oferta de contidos en 3D
(44%). O informe de Nielsen suxire que, de saber a industria manexar
axeitadamente as eivas criticadas polos consumidores, estes poderÃan chegar a
aceptar a televisión en 3D nas súas vidas, pois o 57% dos televidentes aseguran
que as 3D axudan a sentirse «parte da
acción» e o 48% sentiu que enganchaba
máis ao que se estaba a ver. Incluso o 47% dos consultados admitiron que as 3D
poderÃan levalos a ver programas que doutro xeito ignorarÃan.
Os videoxogos parecen ser un dos principais motores que achegarán usuarios ás
3D, de xeito que o 42% dos consultados amosaron interese neste ámbito, pero
entre os xogadores habituais a porcentaxe increméntase ata o 71%, o que poderÃa
responder en boa medida polo feito de que os contidos en 3D non deberÃan ser un
problema neste ámbito (a meirande parte dos videoxogos fan uso de motores tridimensionais
que poden adaptarse de xeito doado para sistemas de visión estereoscópica).
