Os ultraportátiles de baixo custo teñen boas vendas pese a crise
venres, 24 de outubro do 2008

- O MSI Wind foi un dos primeiros ultraportátiles que soubo combinar un teclado relativamente grande, unha pantalla cun tamaño e resolución aceptable, lixeiro peso e alta autonomÃa
Pese a que a
crise económica parece estar afectando á demanda de equipos informáticos,
parece que os ultraportátiles de baixo custo continúan a medrar con forza no
mercado, e MSI anunciou que prevé que rematará
o ano con 700.000 unidades do seu MSI Wind vendidas, superando
sobradamente o medio millón de unidades que prevÃa vender este ano (o que
poderÃa permitir á marca superar a Samsung coma décimo fabricante a nivel
mundial).
Os portátiles de MSI non se vende só baixo marca propia, senón que os seus
ultraportátiles con pantalla de 10 polgadas tamén se poden ver nas tendas
españolas baixo marcas coma Medion ou Advent, converténdose en todo un éxito
que chegou a eclipsar ao Asus Eee PC, que se demorou moito na súa
comercialización en España, deixando que incluso fabricantes como Airis lles
roubasen mercado.
Pese a todo, a nivel internacional os Eee PC están a ter un éxito impresionante,
e Asustek poderÃa ter producido 700.000
equipos só no mes de setembro, acumulando 1,7 millóns de unidades no
último trimestre, polo que os seus resultados de cara á campaña de Nadal poderÃan
ser moito mellor do que caberÃa agardar nun momento no que existe moita
competencia no sector e o mercado da electrónica de consumo está enconllendo.
