PS Plus despÃdese de PS3 e PS Vita
mércores, 30 de xaneiro do 2019
Sony
vén de facer pública a
listaxe de xogos que PlayStation Plus incluirá no mes de febreiro, selección
que é especialmente relevante porque será a
derradeira que inclúa xogos de PlayStation 3 e PS Vita, de xeito que dentro
dun mes mudará de xeito substancial a oferta de xogos que chegan aos
subscritores de PS Plus cada mes. Aproveitaron a ocasión para indicar que o
almacenamento na nube de PS Plus vai ampliarse en febreiro de 10 GB a 100 GB, garantindo
asà espazo dabondo para gardar as partidas de PS4.
Os xogos que chegarán a partires do 5 de febreiro a PS4 serán For
Honor, xogo de combates de grande realismo que enfronta a cabaleiros,
viquingos e samurais, e que curiosamente formou
parte dos Xogos con Gold de Xbox One o pasado verán; Hitman:
The Complete First Season, que permite introducirnos nas novas
aventuras do Axente 47; e o innovador Rolling
Bob.
Para PlayStation 3 a despedida é por todo o alto, con Metal
Gear Solid 4: Guns of the Patriots, todo un clásico que achegou unha
visión crepuscular da traxectoria de Solid Snake, no que semellaba ser o punto
e final da súa saga; completando a oferta Divekick,
ridÃculo tÃtulo de loita que tamén poderá xogarse en PS Vita.
Os xogos cos que PS Plus se despida da PS Vita funcionarán tamén en PS4, e son Gunhouse
e Rogue
Aces; grandes descoñecidos que confirmarÃan que o abandono da consola
portátil de Sony é case forzoso, xa que leva moito tempo deixada de lado por
desenvolvedores e público.
