Pagan 135 millóns de dólares polo dominio .web
venres, 29 de xullo do 2016
Os novos dominios de Internet non serven só
para salientar a comunidades sociais ou lingüÃsticas como fan o .gal e o .eus,
senón que en moitos casos xeran un importante negocio ante a dificultade de
conseguir dominios .com atractivos, e un dos dominios de primeiro nivel que
poderÃa dar máis xogo serÃa o .web, que vén de someterse a poxa despois de que
8 compañÃas quixeran facerse coa súa administración, indo a parar
finalmente a NU DOT CO LLC, compañÃa que accedeu a pagar 135 millóns de dólares
(121,5 millóns de euros) para poder vender dominios .web, o que contrasta
enormemente coa cantidade que Vistaprint Ltd pagou para facerse cos dominios
.webs: 1 dólar.
Até o momento o dominio polo que máis se pagara en poxa fora o .shop,
adxudicado por 41,5 millóns de dólares, e agora que o .web xa ten rexistrador,
queda por ver o uso que dará a tan atractivo dominio de primeiro nivel, xa que
compensar a elevadÃsima cantidade pagada polo dominio non parece tarefa doada.
As poxas por novos dominios de Internet supuxeron xa uns ingresos para ICANN de
230 millóns de dólares, cantidade bastante elevada se temos en conta que tal
fórmula é o último recurso para a adxudicación de dominios de primeiro nivel.