Panasonic está a traballar na creación de tarxetas SDXC de 64 Gb

xoves, 8 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

As novas tarxetas servirían para múltiples usos, entre os que predominaría a gravación e almacenamento de vídeo en alta definiciónAs tarxetas de memoria SD estaban inicialmente limitadas a un tamaño máximo de 2 Gb, pero co tempo conseguiron aumentar a capacidade destas tarxetas polo que apareceu a especificación SDHC con capacidade de ata 32 Gb, que é a que reina agora especialmente en cámaras dixitais. Agora Panasonic quere promover as tarxetas SDXC, que continuarían na mesma liña ata capacidades de 2 Tb (aínda que este límite polo momento só é teórico).
O novo estándar de tarxetas SD de capacidade estendida terían velocidades de lectura/escritura de 300 Mbytes/seg. e Panasonic xa está a traballar no desenvolvemento dunha tarxeta de 64 Gb (superando a capacidade dun disco Blu-ray) que estaría principalmente dirixida á gravación de vídeo en alta definición.
As tarxetas SDXC funcionarán con sistema de ficheiros exFAT e agárdase que as primeiras unidades aparezan no primeiro trimestre do ano (aínda que cunhas características bastante limitadas nun primeiro momento).