Panasonic incluirá Picasa e YouTube nos seus televisores
xoves, 10 de xaneiro do 2008
Panasonic chegou a un acordo con Google de xeito
que achegan o servizo de vÃdeo de YouTube e os álbums fotográficos de Picasa ós
televisores VIERA de alta definición mediante o que chaman VIERA CAST, tecnoloxÃa
que mediante unha elegante interface permite navegar
polos vÃdeos de YouTube e as fotografÃas de Picasa dende a comunidade do
televisor do salón.
O primeiro televisor con esta prestación será o Panasonic VIERA PZ850, que
segundo Toshihiro Sakamoto, presidente de Panasonic, é «a primeira vez na que os consumidores normais poderán ser capaces de
gozar de xeito doado dos vÃdeos de YouTube dende o salón coa calidade avanzada
dunha experiencia de televisión panorámica totalmente integrada».
Os novos televisores chegarán ó mercado en primavera.