Panasonic quere levar as 3D ao Blu-ray para 2010

martes, 10 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Lentes 3D de Panasonic vistas na pasada edición do CES

Durante a pasada edición do CES Panasonic xa adiantou que estaba a traballar en levar o cine 3D aos fogares valéndose de reprodutores Blu-ray e de pantallas de plasma Full HD (así como dalgún proxector de vídeo), e agora anuncia a apertura dun laboratorio de autoría 3D en California e asegura que contan con que en 2010 sexa unha realidade a tecnoloxía 3D Full HD para Blu-ray, agardando que se converta nun estándar que respondería ao nome oficial de 3D FHD, e que levaría a experiencia tridimensional aos fogares como xa pasou no seu día co son envolvente.