Philips vende o seu negocio de televisores

luns, 18 de abril do 2011 Marcus Fernández

Philips anunciou hoxe un acordo pechado coa compañía hongkonesa TPV Techonology, coa que emprende unha joint venture a longo prazo (5 anos renovables automaticamente a outros 5), que encargarase no negocio dos televisores, quedando o fabricante holandés só co 30%, consecuencia dos malos resultados que estaba a conseguir a compañía no sector (perdeu 87 millóns de dólares no primeiro trimestre do ano).
Esta operación suporía a marxinación por parte de Phlips dun negocio no que levan máis de 80 anos, pasando 4.000 traballadores da compañía a traballar para TPV, empresa encargada do deseño, distribución, comercialización e vendas de televisores, ou sexa, que Philips limitaría a súa participación á súa marca. A cambio da transferencia do negocio a TPV Philips recibirá o pagamento dos ingresos derivados da cesión de dereitos; quedando fóra da operación os acordos de licenza de marca existentes en China, India e Norteamérica.

Philips comezou a vender televisores en 1949, aínda que xa traballaban na retransmisión do sinal televisivo dende 1925
O primeiro televisor en cor de Philips comezou a súa comercialización en 1964

PUBLICIDADE