PhotoPerfect Express permite optimizar imaxes sen ter coñecementos de retoque fotográfico

xoves, 5 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Exemplo de aplicación dun filtro de optimización de cor do programaOs usuarios que non teñan a experiencia suficiente como para manexar complexas aplicacións de retoque fotográfico pero que desexen optimizar as súas imaxe poden optar por descargar a aplicación de balde PhotoPerfect Express, que é un programa para Windows que permite optimizar fotografías en 3 simples pasos mediante 5 potentes métodos.
Este produto de Arcadia Software ofrécese de xeito gratuíto porque tamén contan cunha versión profesional que inclúe moitos máis elementos de control, polo que estaría máis enfocado a profesionais e afeccionados máis esixentes. Precisamente segundo o nivel de esixencia do usuario pódese elixir entre 3 diferentes versións do programa (basic, premium e ultimate).