Picasa estrea versión para Mac
mércores, 7 de xaneiro do 2009
Co gallo da Macworld Expo
dende Google estrean unha versión
da súa aplicación de xestión de imaxes Picasa para os equipos informáticos de
Apple, de xeito que dende Mac OS X xa se pode tirar proveito de Picasa 3, e
Picasa for Mac achega prestacións
avanzadas para compartir e sincronizar imaxes a través da Internet.
A nova aplicación funciona sobre Mac OS X 10.4 ou superior e precisa dun equipo
con procesador Intel. Hai que destacar que aÃnda está en fase de probas e
carece dalgunhas das prestacións da versión para Windows, como xeolocalización,
captura de imaxes a través de cámara web, captura de pantalla, exportar coma
páxina HTML, función de protector de pantalla, encargar fotografÃas impresas ou
o Picasa Photo Viewer.
Presentación da versión para Mac de Picasa

