Pioneer abandonará a fabricación de pantallas de 42 polgadas
luns, 25 de febreiro do 2008
O mercado tecnolóxico está ben rifado. Isto non é nada novo: por cada éxito comercial, hai unha gran cantidade de fracasos dos que nunca teremos constancia (a non ser que o fracaso implique a moitos usuarios e a unha empresa de renome, como é o caso do HD DVD da casa Toshiba, deixado xa de fabricar). O caso é que ninguén semella inmune a este tirapuxa constante, nin sequera firmas de envergadura e prestixio como Pioneer, que, segundo informa o xornal Asahi, estarÃa a piques de abandonar a fabricación das pantallas de 42 polgadas, pasando agora a mercar os paneis dese tamaño e dos modelos menores a Matushita.
A idea de Pioneer é máis ou menos a mesma cá de Toshiba, salvando as diferenzas: quitarse do medio e como sexa un peso morto (porén, o problema de Toshiba é moito máis grave, posto que afecta a moitas persoas que apostaron pola súa tecnoloxÃa mercando os seus aparellos).
A previsión é que as devanditas pantallas se deixen de fabricar en marzo de 2009, logo da imposibilidade de competir cos aparellos máis accesibles no mercado que achegan LG ou a dita firma Matushita. De feito, os obxectivos de vendas de Pioneer neste eido e para este ano fiscal son unha décima parte dos prognósticos de vendas de Matushita.
