Pocket Casts estrea aplicación para Windows 10
mércores, 21 de marzo do 2018
Un dos administradores e reprodutores de podcasts máis
populares a nivel mundial, Pocket Casts, vén de dar un interesante paso para os
usuarios de ordenadores persoais, xa que non será preciso acceder ao servizo a
través dun navegador web, senón que xa está dispoñible
na tenda de aplicacións de Windows 10 como aplicación oficial en probas, no
que semella que é unha web app, pois
o seu funcionamento é máis semellante á versión web do servizo que ás
aplicacións móbiles que, entre outras cousas, permiten xestionar a descarga dos
episodios dos podcasts para a súa reprodución fóra de liña.
A nova aplicación é bastante completa e con numerosos elementos
personalizables, de xeito que podemos activar o seu tema escuro, definir os
segundos que queremos que salte a reprodución cando damos adiante ou atrás, cóntase
coa opción de reprodución de episodios recomendados cando non haxa nada en reprodución,
conta con control de volume e de velocidade de reprodución e tamén facilita a
creación de listaxes de reprodución.
Cómpre lembrar que o acceso vÃa web a Pocket Casts é de pagamento, de xeito que
esta nova aplicación tamén precisa deste pagamento inicial de 9 dólares para
poder empregarse de xeito ordinario.