Pont-Up Store inicia mañá a súa edición máis tecnolóxica
mércores, 19 de setembro do 2018
Mañá comeza a
programación do 5º Encontro de
Emprendemento Pont-Up Store cun marcado acento tecnolóxico tanto nos
emprendementos seleccionados como nas máis de 40 actividades propostas en
distintos puntos da cidade de Pontevedra. O programa comezará a desenvolverse
ás 11:00 cun dos pratos fortes desta edición, o primeiro dos dous obradoiros I am Remarkable que Google vai
impartir por primeira vez en España durante este encontro. O obxectivo do obradoiro
é empoderar mulleres e convidalas a que celebren os seus logros no ámbito
profesional. Esta actividade está dentro dos obxectivos de visibilización do
papel da muller na empresa, marcados para este ano pola organización. Unha
facilitadora dirixirá esta actividade que ten como público obxectivo a mulleres
que queiran emprender ou que estean na procura de emprego. Celebrarase na aula
do segundo andar da Casa das Campás o xoves 20 en horario de 11:00 a 12:30
horas e o venres 21 en horario de 12:30 a 14:00 horas. Os dous obradoiros teñen
un aforo máximo de 15 mulleres.
Ademais, Google impartirá tamén unha charla inspiracional baixo o tÃtulo Tips para a túa marca persoal + MentorÃas
Exprés impartida pola experta Loreto Gómez que enfocará a sesión a
mostrar as claves da xestión da marca persoal e orientar na creación dunha
estratexia para conseguir os nosos obxectivos profesionais. Ao remate da sesión
informativa será posible consultar dúbidas con ela en sesión individuais. Terá
lugar o xoves de 17:00 a 18:45 horas, tamén na Casa das Campás. O público
obxectivo son homes e mulleres que queiran emprender ou redirixir a súa
carreira, pero está aberto a calquera persoa. O aforo é de 50 persoas.
De 11:30 a 13:30 horas, no andar baixo da Casa das Campás, dentro do espazo de
programación ECOBAS, a Unión de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP ofrecerá unha
sesión de traballo para emprendementos sociais baixo o tÃtulo Recursos interactivos para a creación e
consolidación de proxectos e entidades de economÃa social e solidaria: O canvas
social.
A pouca distancia da Praza de España, na Sala X da Facultade de Belas Artes,
o Fab Lab Laboratorio Creativo achegaranos a oportunidade de vivir a
experiencia da fabricación dixital de instrumentos musicais, a creación dun
Theremin e de pedais de distorsión par guitarras con Arduino. Será unha sesión
de traballo en continuo, de 16:00 a 20:00 horas, que continuará o venres
durante toda a xornada.
No Espazo Gaming que estreamos este ano e que estará instalado na
Aula de Informática da Casa das Campás, desenvolverase de 16:30 a 20:30 un Obradoiro práctico de creación de assets
para videoxogos.
Para pechar esta xornada de apertura, no Espazo de Desenvolvemento de
Competencias e do Ecosistema Emprendedor, teremos a oportunidade de
asistir ao obradoiro que organiza A Redeira dentro do formato familias creativas, sobre o tema Lideirándote onde as persoas
participantes poderán poñer en común as súas lideiras, soños, necesidades e inquedanzas no ámbito do
emprendemento; e aprender o que hai que facer para que deixen de ser lideiras.
A carpa do Talento Transformador
O punto central deste encontro volverá ser a carpa situada na Praza de
España o venres 21 e sábado 22 de setembro, onde será posible coñecer as
mellores iniciativas de emprendemento do paÃs e participar nas actividades de
dinamización que se desenvolverán no espazo central. A organización seleccionou
45 emprendementos entre un total de 144 candidaturas procedentes de toda
Galicia, o que supón un 10% máis que na anterior edición.
Este ano, ademais, duplicouse o número de empendementos do ámbito tecnolóxico e
incrementouse notablemente a calidade das iniciativas, o seu potencial de
desenvolvemento, o carácter social e o enfoque sostible de moitas delas. Esta
edición confirma tamén un mapa galego de emprendemento cada vez máis
equilibrado entre as cidades e o rural, que achega o 40% do total das
propostas. As novas tecnoloxÃas volven achegar as propostas máis impactantes,
seguidas por ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da saúde e o
benestar, o turismo, o téxtil, a gastronomÃa, a cosmética e a xestión cultural.
Destas 45 empresas, 37 contarán cun expositor gratuÃto para mostrar os seus
produtos, ideas e servizos, e 6 terán tamén a oportunidade de participar no
programa de actividades demostrativas, desenvolvendo propostas tan interesantes
como un obradoiro de preparación de alimentos con impresión 3D, un taller de
lectura con cans, un obradoiro de robótica organizado por R e LÃbolis
para aprenderlles a pequenas e pequenos de entre 7 e 13 anos a montar un Stick
Arcade baseado en Raspberry PI, torneos de videoxogos, técnicas de pigmentación
prehistórica, un showcooking de
receitas saudables, ou a presentación da nova cooperativa Músicas ao Vivo, que
rematará co concerto de The Soul Breakers.
A protagonista desta edición, a emprendedora Kore, estará tamén presente a
través de accións performativas que
terán lugar en diferentes localizacións durante os tres dÃas do encontro. Como
imaxe desta edición, Kore visibiliza á muller como emprendedora e acompaña un
programa planificado con perspectiva de xénero.
