Por fin podemos descargar Gemini dende España

mércores, 5 de xuño do 2024 Marcus Fernández

Nun momento no que a aplicación de ChatGPT ten un grande éxito de descargas dende Google quixeron reaccionar, e finalmente ofrecen a súa aplicación móbil Google Gemini en España, Alemaña, Dinamarca, Francia, Italia, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suecia e algún máis, polo que podemos entender que finalmente a ferramenta superou os trámites para axustarse á lexislación europea de protección de datos.
Gemini é un asistente co que podemos conversar e que incluso pode substituír ao Asistente de Google. Aínda que está en fase experimental, pode resultar moi práctico para redactar contidos de texto, obter información sobre unha imaxe (xa que é multimodal), así como realizar a meirande parte de funcións do asistente tradicional de Google.
Confíase en que en breve a aplicación de Gemini chegue tamén a dispositivos con iOS.

PUBLICIDADE