Porto acollerá un festival internacional de vÃdeo universitario
martes, 11 de marzo do 2008
Entre os dÃas 1 e 5 de outubro a Facultade de Ciencias da Comunicación da
Universidade do Porto acolle o Festival
Internacional de VÃdeo Universitario U.Frame, que vén de abrir as súas preinscricións.
U.Frame é o primeiro festival deste xénero realizado pola Universidade do Porto
e contará coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da
Universidade de A Coruña para tender unha ponte entre o audivisual e a
multimedia de Galicia e Portugal.
O certame terá unha competición oficial nas categorÃas de documental, ficción,
animación e experimental, aÃnda que tamén contará cunha competición especial
para obras producidas en Second Life e outras en liña tanto para filmes
elaborados a partir de móbiles (con ou sen edición) como para curtas de 60
segundos.
