Premiarán cun televisor novo aos donos dos 10 televisores máis antigos de España
luns, 9 de marzo do 2009
Un concurso de fomento da TDT
busca os 10 televisores máis antigos de España, de xeito que os seus
propietarios obterán a cambio do seu vello dispositivo un televisor de pantalla
plana de 32 polgadas con sintonizador de TDT integrado, sendo preciso para
participar o envÃo de 2 fotografÃas dixitais, xunta cunha aplicación contando
cómo se fixeron co televisor, que haberá que remitir por correo
electrónico antes das 12:00 horas do 25 de marzo.
Este concurso está patrocinado por Samsung (compañÃa que subministrará os
televisores cos que premiarán aos gañadores) e as institucións organizadoras
son Impulsa TDT, a Acadamia das Artes e das Ciencias da Televisión e o Concello
e a Deputación de Lleida.
