Premiere Pro e After Effects para ARM estrean betas públicas moi limitadas
mércores, 30 de xullo do 2025
Adobe finalmente lanzou versións beta públicas das súas aplicacións Premiere Pro e After Effects con soporte nativo para dispositivos con procesadores Qualcomm Snapdragon X Series baseados en arquitectura ARM, un paso que busca optimizar o rendemento destas aplicacións nos novos portátiles e tabletas con Windows en ARM.
Segundo detallou a compañÃa, estas versións están deseñadas para funcionar en todos os equipos baseados na plataforma Snapdragon X, pero chegan inicialmente con certas limitacións respecto ás versións para procesadores Intel.
No caso de Premiere Pro, hai funcións que non estarán dispoñibles nin na beta nin na versión final en ARM, como o efecto Loudness Radar (substituÃdo polo Loudness Meter), a exportación a Wraptor DCP, o códec GoPro CineForm e a exportación a formato P2 Movie. Ademais, outras capacidades como o soporte para plugins de terceiros, ProRes, JPEG2000 en MXF ou a aceleración por hardware para H.264 e HEVC estarán ausentes nesta fase beta pero engadiranse en futuras actualizacións.
A falta de soporte para ProRes afecta tamén a funcionalidades como a creación de secuencias novas mediante o diálogo especÃfico, a opción Render and Replace ou a xeración de proxies, para as que será necesario empregar formatos alternativos.
No caso de After Effects, a versión beta 25.6 build 7 comparte moitas das mesmas restricións: non é posible importar ou exportar formatos como ProRes, ARRIRAW, SWF, JPEG2000 en MXF ou WMV, tampouco MotionJPEG nin MKV. As funcións Keylight, Mocha e o motor de renderizado Cinema 4D aÃnda non están dispoñibles. Igualmente, os plugins de terceiros deben ser recompilados para a nova arquitectura, e Adobe está a traballar cun novo SDK para facilitar esa adaptación.
Por outra banda, os usuarios que reciban un aviso sobre problemas co controlador gráfico poden descargar a versión máis recente do controlador Qualcomm Adreno desde o sitio oficial e seguilo instalar manualmente mediante o Administrador de Dispositivos de Windows.
