Presentadas en Tecnópole máis axudas á innovación
venres, 5 de novembro do 2010
Tecnópole presentou esta semana as axudas do Programa InnoCash, iniciativa dirixida a identificar e impulsar tecnoloxÃas e servizos procedentes de centros públicos de investigación que teñan potencial para a mellora dos procesos das empresas. A convocatoria do programa, que favorece a transferencia dos ditos servizos e tecnoloxÃas ao mercado, foi publicada o pasado 29 de setembro por Genoma España, centrándose na pulo a iniciativas nas áreas do Plan Nacional de I+D, que son as seguintes: biotecnoloxÃa, saúde, enerxÃa e cambio climático, telecomunicacións e sociedade da información e nanociencia, nanotecnoloxÃa, novos materiais e novos procesos.
As axudas van destinadas a unha parte ben fundamental do proceso de valorización e captación desas tecnoloxÃas: a posta en marcha e realización do informe tecnolóxico sobre as mesmas por parte dalgunha das entidades colaboradoras do programa.
Estas axudas, informa a Tecnópole, están destinadas aos provedores de tecnoloxÃas, que poderán ser: investigadores pertencentes a centros públicos de investigación (de forma individual ou a través das OTRIS), centros privados de investigación e desenvolvemento universitario, centros tecnolóxicos, parques tecnolóxicos e empresas (EBTs) de menos de 2 anos dende a súa constitución, e poderán acadar ata 4.000 euros IVE incluÃdo para cada informe.
