Presentan o que poderÃa ser a nova interface de Firefox Mobile
xoves, 12 de xuño do 2008
- A web de Slashdot vista na demo de Firefox Mobile
A Fundación
Mozilla anunciou hai meses que está a preparar unha versión móbil
do seu navegador web baseándose no motor do Firefox 3 (actualmente
xa existÃan aplicacións en proba baseados en versións anteriores) de xeito que
a experiencia de uso no ordenador se pode levar a MID, PDA e outros trebellos
con conexións á Rede.
A vantaxe de Firefox Mobile estarÃa en que permitirÃa acceder a versións
normais das páxinas web (e non a versións reducidas) e soportarÃa os estándares
actuais, de xeito que moitas das páxinas que hoxe non se poden ver en terminais
móbiles estarÃan accesibles.
|
O proxecto parece que vai por bo camiño, e para que a xente se poida facer unha
idea de cómo será o Firefox Mobile veñen de estrear unha demostración
(en forma de páxina web) para coñecer a interface de uso deste
navegador que permite facer zoom, xestionar favoritos ou abrir varias páxinas
web á vez cun sistema alternativo ás habituais pestanas (ou fichas).
Polo momento esta
interface serÃa conceptual, ou sexa, que pretende facer un
achegamento a cómo poderÃa ser o navegador, aÃnda que poderÃa cambiar moi na
súa versión definitiva, pero resulta orixinal o concepto de aplicación que se
está a desenvolver, que é menos semellante da Internet do iPhone do que se tiña
criticado con anterioridade.