Preto do 87 % das empresas tecnolóxicas galegas emprega software libre
luns, 20 de abril do 2026
O 86,9 % das empresas TIC galegas contan con software libre nalgún dos seus equipos informáticos, o que representa un incremento do 2,7 % respecto ao ano anterior. Asà o recolle o estudo O software libre nas empresas TIC de Galicia (Edición 2024), elaborado polo OSIMGA e publicado a pasada fin de semana.
O documento indica que máis da metade das compañÃas que xa empregan solucións libres avanzan cara a modelos mixtos: o 57,4 % utiliza tanto ou máis software libre ca privativo, un dato que evidencia o seu uso efectivo nas organizacións. No caso dos servidores, un ámbito clave das infraestruturas tecnolóxicas, o 50,8 % aposta maioritariamente polo software libre, mentres que un 27,7 % o emprega de forma exclusiva.
As aplicacións libres máis estendidas nas empresas galegas continúan a ser os navegadores web, as ferramentas ofimáticas, os xestores de contidos e os clientes de correo electrónico, todos eles cunha presenza do 49 % ou superior.
Diferenzas por provincias e sectores de actividade
O informe sinala que Ourense (96,3 %) e Lugo (95,5 %) son as provincias cun maior nivel de implantación do software libre. Tamén apunta que as empresas con actividade en Galicia pero con sede fóra presentan un maior uso relativo de software privativo.
Por sectores, as compañÃas encadradas en Outros Servizos TIC e Actividades Informáticas lideran a dispoñibilidade de solucións libres, superando o 89 %. No que atinxe ao uso, destaca o sector das Telecomunicacións, onde máis do 80 % das empresas que dispoñen destas solucións as empregan de maneira prioritaria.
As empresas TIC como provedoras de solucións libres
O 46,7 % das empresas TIC galegas ofrecen produtos ou servizos de software e, dentro deste grupo, case a metade (46,2 %) comercializan solucións baseadas en software libre, cunha presenza especialmente destacada en Lugo e Ourense.
Entre as principais vantaxes que perciben os clientes figuran o menor custo (80,4 %), a capacidade de personalización e a independencia respecto do provedor.
Retos pendentes do software libre
O estudo tamén identifica algunhas barreiras relevantes para a súa adopción, como o descoñecemento da tecnoloxÃa (50,7 %), a falta de formación (37,6 %) ou os problemas de compatibilidade cos sistemas existentes (36 %).
A pesar destas dificultades, o informe subliña que Galicia dispón dun ecosistema TIC sólido e cada vez máis especializado, no que o software libre se afianza como un piar clave para a innovación e a soberanÃa tecnolóxica.
