Primeira edición do encontro culleREDo
luns, 27 de outubro do 2008
Entre os dÃas 14
e 16 de novembro se celebrará no pavillón
do Colexio SofÃa Casanova de Culleredo un encontro informático
coñecido coma culleREDo e que repartirá unha
conexión á Internet de 1 Gbps entre os seu asistentes (ata un máximo de 100
persoas).
Xa está aberta a inscrición
a esta lanparty, na que se pretende
compartir experiencias, información e coñecementos á vez que se xoga en rede,
converténdose nun forma distinta de pasar unha fin de semana cos amigos.
Os asistentes deberán ser maiores de 16
anos e realizar unha doazón de 20 euros para poder
participar co seu equipo informático completo, que deberá contar con conector
Ethernet e non poderá facer uso de altofalantes.
