Procreate achegará o mundo da animación ao iPad
luns, 11 de setembro do 2023
A aplicación máis
popular para a realización de ilustracións co iPad é, sen dúbida, Procreate, á venda
por só 14,99 euros, e tras o éxito acadado os seus responsable presentan agora Procreate Dreams, que abre as portas ao
mundo da animación por só 19,99 dólares, aÃnda que teremos que agardar até o 22
de novembro para poder facernos cunha ferramenta que promete ser toda unha
revolución para a creatividade.
Procreate Dreams integra nunha única aplicación as ferramentas de debuxo
propias de Procreate, engadÃndolle opcións de animación para poder debuxar
fotograma a fotograma, facer axustes mediante puntos clave, editar vÃdeo,
compoñer... facendo uso de xestos táctiles, o que para moitas destas funcións
supón unha grande mellora a nivel de facilidade de uso e velocidade de execución.
Esta ferramenta está optimizada para o seu uso co Apple Pencil, e practicamente
abre a calquera o mundo da animación 2D; reimaxina a liña de tempo para que os
artistas poidan centrarse en crear; a aplicación ten un rendemento capaz de
ofrecer o renderizado da animación en tempo real (evitando asà as esperas para
previsualizar cada vez que se fai un cambio); permite engadir e animar texto;
pode integrar vÃdeo en ProRes de até 8K; e ofrece versatilidade dabondo para
facer dende unha imaxe GIF animada en bucle até unha conexa animación con
personaxes.
VÃdeo promocional do Procreate Dreams