O Concello de Rianxo e Cibervoluntarios celebraron un novo obradoiro sobre móbiles para maiores de 55 anos
luns, 6 de maio do 2024
Esta primeira semana de maio celebrouse a segunda sesión dos obradoiros de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores de 55 anos organizados polo Concello de Rianxo, ao abeiro do seu convenio recente coa Asociación Cibervoluntarios. A sesión desenvolveuse no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.
Nestes obradoiros, gratuÃtos para a veciñanza, as persoas asistentes aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por vÃdeo-conferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na Rede.
Estas actividades formativas impartiranse esta tempada en todas as parroquias do concello de Rianxo da man de Asociación Cibervoluntarios e do Concello. O primeiro obradoiro celebrouse os dÃas 24 e 25 de abril, na parroquia de Isorna. A seguinte quenda foi como dixemos en Leiro, os dÃas 2 e 3 de maio. O 15 e o 16 de maio, en horario de tarde, celebrarase o obradoiro en Taragoña; o 29 e o 30 de maio en Araño; o 12 e o 13 de xuño en Asados; e o 26 e o 27 de xuño en Rianxo.