A Industriosa mergúllanos nas posibilidades e lÃmites da clonación de voz con IA
luns, 6 de maio do 2024
Este mércores 8 de maio, as 19.00 horas, o centro de tecnoloxÃas colaborativas A Industriosa acollerá unha nova xornada de información e formación maker que mergullará aos presentes no mundo da clonación de voz utilizando Intelixencia Artificial. Tocaranse cuestións como as posibilidades desta práctica, os seus lÃmites ou a detección do seu uso.
A persoa encargada de impartir os contidos será Daniel Fernandez, que levará ás persoas presentes nunha viaxe polas súas últimas investigacións e proxectos arredor da clonación de voz mediante ferramentas de IA. Ademais, brindará unha visión xeral da tecnoloxÃa de LLM de última xeración. A dÃa de hoxe Daniel traballa no equipo de seguridade de Telefónica. No pasado, traballou na detección de anomalÃas na fabricación e obxectos usando técnicas de Visión Artificial.
A inscrición na xornada, que é gratuÃta, pódese facer xa a través de Meetup. Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).