Jack Dorsey deixa a directiva de Bluesky
luns, 6 de maio do 2024
Moitos son os aspirantes a substituÃr a Twitter tras a compra da compañÃa por parte de Elon Musk, pero nas últimas semanas puidemos ver como a meirande parte das alternativas independentes tiveron que anunciar que se retiraban da carreira por non ser quen de medrar a unha velocidade abonda para ser competitiva, e semella que un destes proxectos, Bluesky, vai polo mesmo camiño, en boa medida pola lentitude do seu lanzamento, xa que comezou só cunha aplicación para iPhone e con acceso a novos usuarios mediante invitación, non abrÃndose o rexistro libre de usuarios até o pasado mes de febreiro.
Nesta situación non sorprende que un dos seus impulsores, Jack Dorsey (cofundador de Twitter), decidise abandonar o cadro de dirección de Bluesky, sen realizar declaracións públicas ao respecto máis aló da simple confirmación de que deixara o proxecto á vez que anunciaba que continuaba a promover iniciativas para fomentar os protocolos abertos.
Dorsey eliminara a súa conta en Bluesky a finais do ano pasado, polo que podemos entender que perdera a súa fe na plataforma, e decidiu centrar os seus esforzos noutros proxectos.
Ante este tipo de movementos podemos entender que a única plataforma que ten algunha posibilidade de exercer a alternativa a X/Twitter é Threads, dependente de Meta, que segue moi lonxe de poder ocupar o lugar que ocupaba Twitter, xa que non orienta o seu uso á información en tempo real e opta claramente por fuxir de discusións polémicas e polÃticas a prol dunha atmosfera menos tóxica.